González Reigosa, Carlos

Carlos quería coñecer polo miúdo o misterio do Cadanseu en que estaba metido Nivardo.—Verás, é un asunto que require algunha prudencia... —dixo Nivardo, serio.Carlos sorriu, amigos desde nenos, compeñeiros de escola e de seminario, sempre mantiveran, a pesar das distancias frecuentes e obrigadas, unha fonda cordialidade, e cada vez que se atopaban, despois de varios meses, é coma se non se tivesen separado nunca. Os dous sabían que sempre fora así e así seguiria a ser, porque non eran sentimentos que mudaran co tempo. Por iso, a pesar da condición de xornalista de Carlos Conde, Nivardo falou tranquilo e referiulle o que pasaba... Carlos escoitou atencioso -primerio con pasmo, despois con vivo interese- o que seu amigo lle contaba.—Pode ser unha historia extraordinaria -exclamou ó cabo, sen poderse refrear.—Tamén pode ser unha perda de tempo e de cartos.

Usuario: anonimo

Descargado: 0

Descargas directas:0

Descárgalo en cualquiera de estos formatos:

FB2

ePub

Mobi

Volver